BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

venres, 1 de abril de 2022

SAMAÍN 2021

Outubro/Novembro 2021

Coma todos os anos celebramos o  💀Samaín💀 decorando o centro. Unha cosiderable cantidade de alumnos e alumnas, ademais de membros do profesorado, contribuiron cos seus disfraces a animar a xornada. Non poidemos convocar unha nova edición do xa tradicional "Concurso de Repostería Terrorífica" por mor das medidas de protección contra a COVID, pero si o "Concurso de Cabazos" e o de "Relatos de Terror", nos que o alumnado, unha vez mais, demostrou a súa creatividade. Da decoración ocupouse en gran medida o alumnado de 1º de EDIN. Tamén foi de destacar a exposición de debuxos terroríficos realizada polo alumnado de Plástica. 👻👺👹👽👾👿👷👶👸

Deixámosvos algunhas fotos.

 



 

 



Ningún comentario: