BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

martes, 22 de marzo de 2022

"O GALEGO LÉVATE AO CINE"

Setembro de 2021

En colaboración co EDLG e o ciclo superior de EDIN fixemos unha campaña para estimular ao alumnado deste ciclo a elaborar os seus proxectos de fin de ciclo en galego.


mércores, 16 de marzo de 2022

RETORNO

 Ola, moi bo día!


Despois de tanto, tanto tempo, estamos por fin de volta. Retomamos o pulso deste blog que trata de contarvos o que se vai facendo na biblioteca do IES Francisco Daviña Rey. Esperamos contar con vós para axudarnos e que poidades participar e gozar das actividades que se desde aquí se propoñen.

Este curso 2021-22 xa podemos realizar moitas das actividades ás que estabamos afeitos durante estes últimos anos, e moitas xa as fixemos: celebración do "Día da Biblioteca" (24 de novembro), "Día das escritoras" (18 de outubro), ambas en colaboración co colectivo Lemos Le, do cal formamos parte, Recomendacións lectoras de Nadal, tamén formando parte do colectivo Lemos Le, Samaín (1 de novembro), Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres" (25 de novembro), "Día de Rosalía" (23 de febreiro), en colaboración co EDLG, Entroido2022, "Día da Muller" (8 de marzo), e algunhas novas como: "O Galego Lévate ao Cine", na que colaboramos co EDLG e o Ciclo Superior de Educación Infantil, a exposición dos "Xoguetes de Materiais Reciclados" realizados polo alumnado de CSEDIN, e o Proxecto sobre as plantas no que participa case todo o centro.

Ademais informarémosvos das novidades acerca dos Clubs de Lectura Ir Lendo e outras moitas novas e actividades que vaian xurdindo.

Unha aperta do equipo da biblioteca!