BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

martes, 28 de febrero de 2012

Esta é a curtametraxe que gañou o Oscar á mellor curta de animación: 'The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore', de William Hoyce y Brandon Oldenburg. Conmovedora historia sobre os libros e a lectura. Os personaxes non falan, pero din moito.

sábado, 18 de febrero de 2012

ANTROIDO GALEGO PLÁSTICA 4º ESO

Estes son os fantásticos carteis sobre o Antroido galego que elaboraron os alumnos de plástica de 4º ESO con Anabel. Con eles queremos desexarvos un FELIZ ANTROIDO, esperamos que disfrutedes estes días tanto como no festival do venres, que quedou realmente espectacular. Á volta destas pequenas vacacións poderedes recordalo con fotos e vídeos. Moitas grazas a alumn@s e profes pola participación, as ganas, o esforzo e as risas...que non foron poucas.








jueves, 16 de febrero de 2012

III FESTIVAL DE ANTROIDO




Mañá celebraremos no centro o Antroido, non olvidededes vir disfrazados, aínda que sexa como público, por se hai algunha sorpresa...Vémonos no salón de actos as 12:35, a diversión está asegurada. Vixiaranvos as máscaras que fixeron os alumnos de plástica de 4º ESO.

XOVES DE COMADRES



viernes, 10 de febrero de 2012

martes, 7 de febrero de 2012

domingo, 5 de febrero de 2012

SÍ QUE TE GUSTA LEER (pero igual no lo sabes)



Este é o lema que propón o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para que todos aqueles que teñades entre 14 e 18 anos participedes neste concurso. Desde a biblioteca animámosvos a intentalo.
MOITA SORTE!!
Pinchade no enlace para acceder á información: http://www.siquetegustaleer.org/

miércoles, 1 de febrero de 2012

REUNIÓN COS PARTICIPANTES DO CONCURSO

Unha vez lidos os comentarios sobre a entrada dos premios do concurso de vídeos, temos que aclarar que o equipo da Biblioteca faise totalmente responsable de que a decisión final do xurado non cumpra por completo as bases.


Tomouse a decisión de non dar a coñecer ditas bases ós membros do xurado para ofrecer maior liberdade, dado que aspectos como a duración dos vídeos ou o número de integrantes por grupo non coincidía co estipulado inicialmente, feito que os concursantes aceptaron no seu momento.


Non foi a nosa intención que vos sentirades descontentos (estabades todos en igualdade de condicións) e por iso convocamos unha reunión no recreo de mañá xoves na aula de 1º BAC A para intentar solucionalo.


RESULTADOS CONCURSO ESTE É O MEU LIBRO

Despois dunha non doada deliberación, o xurado decidiu que os videos gañadores son:

1º premio
"LEER" ( Alejandro, Alba e Rebeca, 1º A BAC)

2º premio
"LOS JUEGOS DEL HAMBRE II" (Lara, Noelia, Susana e Sara, 1º BAC A)

3º premio
"SABES QUE TE QUIERO" (Karina, David e Tania, 1º BAC A)

4ºpremio
"LOS JUEGOS DEL HAMBRE I" (Gael, 4º ESO)

PREMIOS

O primeiro premio será dun vale de 60 € a canxear en determinados establecementos da cidade. Para o segundo premio o vale será de 40 €. O terceiro e cuarto premio recibirán un agasallo sorpresa.
Dende a Biblioteca queremos darvos as grazas a tódolos participantes polo interés e esforzo amosado na activiade.


NOTA DE RECTIFICACIÓN

----------------------------------------

Debido á coincidencia na nomenclatura dos videos produciuse un erro na orde de publicación dos premios. Así, o segundo premio correspóndelle a "Juegos del HambreII" e, polo tanto, "Juegos del hambre I" quedou en cuarto lugar.