BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

martes, 20 de diciembre de 2011

miércoles, 14 de diciembre de 2011

LIBROS VIAXEIROS








Coa chegada do Nadal xa temos no centro os Libros Viaxeiros. En tres bolsas diferentes atoparedes libros de varios xéneros para que toda a familia poida disfrutar da lectura.Esta actividade vai, en principio, destinada ó alumnado de 1º de Bacharelato e, básicamente, consiste en que cada 20 días u alumno leva a bolsa cos libros viaxeiros para a súa casa. Cada membro da familia pode escoller o libro que máis lle interese, lelo e anotar a súa opinión na libretiña destinada a este fin.


Esperamos que percorran moitos camiños e que atopen moitos lectores ó seu paso.




sábado, 10 de diciembre de 2011

10 DECEMBRO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Como estas viñetas os dereitos humanos son vulnerados en cor, en branco e negro, con palabras, sen palabras...




Moitas grazas ó IES o Mosteirón por compartilas.