BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

mércores, 25 de xaneiro de 2012

BÚSCANSE MÚSICOS!!


O Departamento de Normalización Lingüística busca rapaces e rapazas de calquera idade para formar parte dun grupo musical.

Requisitos:
-Instrumento propio.
-Capacidade de improvisación e fusión con outros instrumentos.

Se estás interesado, apúntate na Biblioteca e/ou asiste á reunión que celebraremos no Salón de Actos o luns, 30 de xaneiro, ás 11:20.

ANIMÁDEVOS!!!!



sábado, 21 de xaneiro de 2012

VÍDEOS DO CONCURSO "Este é o meu libro...queres vivilo?"

Aquí tedes os catro vídeos presentados ó concurso. A próxima semana publicaremos a decisión final do xurado, formado por catro profesores (non formamos parte o equipo da biblio, non era unha decisión fácil por tratarse de alumnos nosos). Queremos darlles as grazas ós profes e a todos os participantes , valoramos enormemente o esforzo e o tempo empregados na realización da actividade.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós.


Podedes enviar comentarios directamente ó blog ou ó noso correo davibiblio@gmail.com ofrecendo as vosas valoracións, pero intentade ser obxectivos, os amigos non teñen por que enfadarse...


QUE DISFRUTEDES!!!!





Lee








Sabes que te quiero








Los juegos del hambre 1


Foi imposible subir o cuarto vídeo presentado, que, curiosamente, coincide no libro seleccionado co anterior . Déixovos ó enlace para velo:

Los juegos del hambre 2



http://www.youtube.com/watch?v=xiUMy8dRtHc


martes, 17 de xaneiro de 2012

AVATARES REGRESA COS SEUS ENIGMAS

O mércores pasado Teresa Grau visitounos para compartir con nós as súas narracións orais e introducir no mundo dos enigmas ó alumnado de 1º e 2º de ESO. Este luns regresou con novas historias destinadas a dous grupos : 3º e 4º de ESO, por un lado; e 1º de BAC, por outro.

Utilizando xogos de luces, velas , instrumentos étnicos e músicas do mundo conseguiu transportarnos a un mundo de fantasía pero sen despegar os pés da terra, e facéndonos reflexionar sobre o noso papel na vida e, especialmente, na sociedade da que formamos parte.

Teresa Grau, madrileña de nacemento aínda que na actualidade vive en Sober, é narradora desde hai 15 anos, durante os que desenvolveu a súa actividade en institutos de Madrid.


Temos a sorte de tela cerca para poder disfrutar noutra ocasión dos seus relatos.


Aquí tedes o recordo visual dalgúns momentos.








venres, 13 de xaneiro de 2012

FESTIVAL DE ANTROIDO 2011






Dende a biblioteca, un ano máis, estamos organizando o noso particular Antroido Cultural. Trátase dunha actividade na que, todo aquel membro da comunidade escolar que desexe, pode participar, en modalidade individual ou colectiva.
Os disfraces representarán persoaxes relacionados coa literatura, música, cine, historia e artes en xeral, e cada participante deberá dramatizar ou representar un fragmento alusivo ó personaxe elixido.Sortearanse agasallos entre os participantes.



O festival celebrarase o día 17 de febreiro no Salón de Actos de Centro.
Os participantes pódense inscribir na biblioteca ata o día 31 de xaneiro.

Na sección ACTIVIDADES tedes máis información.

mércores, 11 de xaneiro de 2012