BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

mércores, 6 de abril de 2022

 ENTROIDO 2022

Chegou a cita anual co Entroido, a pandemia permitiunos un respiro e poidemos celebrar, con todas as medidas de seguridade, unha gala na que participou alumnado de case todos os cursos. Titulouse "MONFEST" e foi organizado polo alumnado de 1º do ciclo de EDIN que fixeron un gran traballo e compre darlles as grazas. Houbo baile, humor, teatro, cancións, ..., e por suposto disfraces, moitos disfraces. as actuacións foron as seguintes:

MONFEST ACTUACIÓNS:

1) Los chipiritifláuticos

2) 1ºESO

3) Elcantron

4) Uxía e Antía

5) Los reales hasta la muerte

6) 4ºESO

7) Xulia e Leila

8) Automoción

9) Psicomotronic

10) TCAES RC

11) Anonymous

12) Profesores

13) 2ºBAC
 
Tamén celebramos, aquí si podemos dicir que ininterrumpidamente, xa que os anteriores dous anos de pandemia tamén os fixemos, o Xoves de Compadres e o Xoves de Comadres.Velaquí deixamos testemuña gráfica. 


 
 
 






25N

Un ano mais chegou o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e, para lembralo, desde a biblioteca unímomos as múltiples actividades realizadas nas nosas aulas e tratamos de darlle visibilidade coa colocaión destes carteis. 
 


venres, 1 de abril de 2022

SAMAÍN 2021

Outubro/Novembro 2021

Coma todos os anos celebramos o  💀Samaín💀 decorando o centro. Unha cosiderable cantidade de alumnos e alumnas, ademais de membros do profesorado, contribuiron cos seus disfraces a animar a xornada. Non poidemos convocar unha nova edición do xa tradicional "Concurso de Repostería Terrorífica" por mor das medidas de protección contra a COVID, pero si o "Concurso de Cabazos" e o de "Relatos de Terror", nos que o alumnado, unha vez mais, demostrou a súa creatividade. Da decoración ocupouse en gran medida o alumnado de 1º de EDIN. Tamén foi de destacar a exposición de debuxos terroríficos realizada polo alumnado de Plástica. 👻👺👹👽👾👿👷👶👸

Deixámosvos algunhas fotos.

 



 

 



martes, 22 de marzo de 2022

"O GALEGO LÉVATE AO CINE"

Setembro de 2021

En colaboración co EDLG e o ciclo superior de EDIN fixemos unha campaña para estimular ao alumnado deste ciclo a elaborar os seus proxectos de fin de ciclo en galego.


mércores, 16 de marzo de 2022

RETORNO

 Ola, moi bo día!


Despois de tanto, tanto tempo, estamos por fin de volta. Retomamos o pulso deste blog que trata de contarvos o que se vai facendo na biblioteca do IES Francisco Daviña Rey. Esperamos contar con vós para axudarnos e que poidades participar e gozar das actividades que se desde aquí se propoñen.

Este curso 2021-22 xa podemos realizar moitas das actividades ás que estabamos afeitos durante estes últimos anos, e moitas xa as fixemos: celebración do "Día da Biblioteca" (24 de novembro), "Día das escritoras" (18 de outubro), ambas en colaboración co colectivo Lemos Le, do cal formamos parte, Recomendacións lectoras de Nadal, tamén formando parte do colectivo Lemos Le, Samaín (1 de novembro), Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres" (25 de novembro), "Día de Rosalía" (23 de febreiro), en colaboración co EDLG, Entroido2022, "Día da Muller" (8 de marzo), e algunhas novas como: "O Galego Lévate ao Cine", na que colaboramos co EDLG e o Ciclo Superior de Educación Infantil, a exposición dos "Xoguetes de Materiais Reciclados" realizados polo alumnado de CSEDIN, e o Proxecto sobre as plantas no que participa case todo o centro.

Ademais informarémosvos das novidades acerca dos Clubs de Lectura Ir Lendo e outras moitas novas e actividades que vaian xurdindo.

Unha aperta do equipo da biblioteca!