BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

lunes, 23 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano as Letras Galegas adicáronse a Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María, foi un poeta destacado polo seu carácter combativo e o seu compromiso político. No noso instituto quixemos rendirlle homenaxe e conmemoramos esta data cunha serie de actos e actividades que pasamos a describir:
VISITA Á CASA DE MANUEL MARÍA
Con alumnado de ESO e Bacharelato en días distintos. Aproveitamos para visitar tamén o Castro de Viladonga.  




PARTICIPACIÓN NO CORRELINGUA
Coma tódolos anos, participamos dende o noso Instituto na activiade do Correlingua con alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.



AMBIENTACIÓN DO INSTITUTO
Con ilustracións do Cancioneiro de Monforte de Lemos de Manuel María, realizadas polo alumnado de 4º de ESO, e con retratos de formato grande elaborados por alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Debuxo Artístico.
ROTEIRO POR MONFORTE
O alumnado de 1º de Bacharelato, saíu a facer unha ruta literaria pola localidade, visitando os lugares que aparecen no Cancioneiro e recitando neles os poemas de Manuel María. Foi unha actividade moi completa da que posteriormente se elaborou un vídeo que se proxectou durante o acto adicado ás Letras Galegas.
ACTO DE CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
E finalmente, realizamos o 14 de Maio un Acto conmemorativo no que se proxectou o video do roteiro, presentouse o metro-minuto, unha actividade realizada polo alumnado de 1º de ESO na materia de matemáticas, e que rematou co concerto de Clave de Fado, quen nos brindou o seu repertorio cunha calidade enorme, deixando aos asistentes gratamente sorprendidos.

lunes, 9 de mayo de 2016

Charla-coloquio da artista Doa Ocampo

O pasado venres recibimos a visita de Doa, unha artista de Pantón que mostrou e explicou ao noso alumnado de 4º ESO e 1º Bac a súa obra, a través de dous proxectos: Abre os olhos e Reforestando na Ribeira Sacra. Deixámosvos aquí imaxes da charla e da súa obra, para que coñezades a esta artista tan prolífica.

Ademáis o noso alumnado realizou imaxes inspiradas na obra de Doa. Aquí tedes unha mostra

lunes, 2 de mayo de 2016

Encontros PLAMBE

Os pasados 7 e 8 de abril celebráronse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/16. Nesta edición tivemos a ocasión de aprender das experiencias levadas a cabo polos equipos de biblioteca de distintos centros. Entre elas a do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, na que o coordinador é o noso antigo compañeiro Miguel Cumbraos. Asistimos a varias charlas máis, entre as que destacamos a que nos ofreceu o matemático e profesor Eduardo Sáenz de Cabezón. Aproveitamos para difundir o concurso que o Colectivo Lemos Le, do cal formamos parte, organiza este ano dedicado á figura da oleira soberina Lola de Panelas.

Dia do Libro

Celebramos o Dia do Libro cunha proposta que foi ben acollida polo noso alumnado, elaborar portadas artísticas para o libro que eles escollaron. A participación foi elevada xa que se lles deixou tempo dende a materia de Educación Plástica. Posteriormente un xurado formado polo alumnado do Club de Lectura, valorará as mellores portadas.