BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

luns, 15 de marzo de 2010

III CONCURSO DE MARCAPÁXINAS


Con motivo da celebración do Día do Libro, o próximo 23 de abril, a Biblioteca convoca o III Concurso de marcapáxinas. Si vos interesa, as bases atópanse no taboleiro da Biblioteca.
Adiantámosvos que cada alumno pode participar co número de marcapáxinas que desexe e que haberá dúas categorías: ESO por un lado e Bacharelato e Ciclos Formativos por outro. En cada categoría daranse dous premios. O primeiro premio de cada categoría consistirá nun vale de 40 € trocável por libros e/ou material escolar. No caso do segundo premio o vale será de 20 €.

luns, 8 de marzo de 2010

ANTROIDO LITERARIO

O día 12 de febreiro celebramos o antroido cun concurso de disfraces sobre persoaxes literarios. Os participantes, ademais de caracterizarse debían dramatizar un pequeno fragmento relacionado co seu persoaxe.
Esta primeira experiencia resultou moi positiva e animámosvos a todo@s para que o vindeiro curso poidamos repetila.
Tódolos participantes resultaron premiados cunha cea, obtendo unha mención especial Génesis Ramírez Ferreira, pola súa interpretación de Carrapuchiña Vermella.
Agradecemos a participación e o esforzo de tod@s.
































































































































































































mércores, 3 de marzo de 2010

OLIMPIADA DO SABER

Dende o 25 de xaneiro ata o 12 de febreiro estivemos a celebrar a IIIª Olimpiada do Saber.
Os gañadores foron:

PRIMEIRO PREMIO: 100 euros

- Lucas Alba González (2º ESO-A)
- Angel López Sobrado (2º ESO-A)
- Cristina Bellas Pardo (2º ESO-A)
- J. Antonio Vázquez Bouzas (2º ESO-A)
- Luis Lagoa Vázquez (2º ESO-A)

SEGUNDO PREMIO: 60 euros

- Rut Arias Ferreiros (3º ESO-B)
- J. Manuel Reboiro Fernández (3º ESO-A)
- Rodrigo Andrade Míguez (2º ESO -A)


NORABOA A TOD@S.