EXPOSICIÓN DE COGOMELOS E PLANTAS INVASORAS
Coma nos últimos anos, a nosa biblioteca acolleu unha exposiciónd e cogomelos e de plantas invasoras cedidas pola asociación AMABUL.
EXPOSICIÓN DE COGOMELOS E PLANTAS INVASORAS
Coma nos últimos anos, a nosa biblioteca acolleu unha exposiciónd e cogomelos e de plantas invasoras cedidas pola asociación AMABUL.
CHARLAS NA BIBLIOTECA
A biblioteca do IES acolleu un sen fin de charlas e conferencia ó longo de todo o curso: Conferencia sobre plantas invasoras dos ríos galegos, Charla da Asociaciación contra o cancro, Charla sobre as algas asasinas, Xornada de orientación da USC para 1º BAC, tamén sobre a UDC, e da Univ. De Vigo, que presentaron a súa oferta educativa, Charla sobre o pé no deporte, Charla sobre Salvador Dalí, Charla sobre o proceso de reciclaxe e moitas outras que foron publicitadas a través do Intagram do centro: https://www.instagram.com/iesdavinarei?igsh=MWM4a3g1YWo4NDVnaQ==
LEO-LAB
O noso instituto participou este curso no INNOVA-LAB en dúas modalidades: MATES-LAB e LEO-LAB. Nesta última modalidade, realizáronse moitas actividades para potenciar a lectura: os cafés lectores, os podcast terroríficos, unha exposición de banda deseñada, un obradoiro de creación literaria, un escape room, un obradoiro de creación de portadas de libros e outro sobre as fake news.
FIXEMOS UN PROGRAMA DE RADIO
Radio Líder de Santiago trasladouse á nosa biblioteca para gravar un dos 8 programas da 3ª edición do Fala que fala. Nesta ocasión houbo estrevistas, xogos e gravacións de reels. Participou o alumnado de 1º da ESO e unha selección de alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO (https://www.instagram.com/fala_quefala/). O alumnado tivo que realizar o texto da actividade que protagonizou para o cal tivo que informarse sobre diferentes temas. Houbo concursos, entrevistas, reels e moitos risos!! E unha festa final en Santiago onde nos xuntamos os 8 centros que participamos nesta edición do FALA QUE FALA.
OS CAFÉS LECTORES CHEGAN Á BIBLIO DA MAN DO INNOVA-LAB
Tomamos café (descafeinado iso si), infusións e chocolate.
Comemos froita, pastas e galletiñas
Xogamos ás adiviñas, ás definicións, a completar textos...
E todo lendo xuntos
UNHA CURIOSA MORTE EN Asasinato na casa rosa de
ARANTXA PORTABALES
O alumnado de 2º de Bacharelato participou no club de lectura coordinado por Raquel Aira arredor de Asasinato na casa rosa, de Arantxa Portabales, unha novela na que a intriga e o suspense manteñen o lector en constante dúbida ata o inesperado desenlace. A través de diferentes actividades lúdicas —como xogos sobre os personaxes, os feitos da trama, os obxectos clave ou as citas da obra, ademais dun cuestionario por equipos e a recreación fotográfica dalgúns capítulos—, os trece participantes puxeron a proba a súa capacidade de observación e dedución, converténdose por uns días en auténticos investigadores.
E se liches o libro e che gustou, proba co Asasinato no muíño do cura!!!! Boísimo.