BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

viernes, 27 de noviembre de 2015

Dia Internacional contra a violencia de xénero

Os alumnos de 4º da ESO fixeron unha representación na biblioteca para celebrar o Dia contra a violencia de xénero.
Esperamos que vos guste.



jueves, 29 de octubre de 2015

Samaín 2015

II CONCURSO DE REPOSTERÍA TERRORÍFICA Repetimos este concurso, que tan bo resultado deu o curso pasado e cuias bases estiveron expostas polo noso IES. Esta actividade está plantexada para promover o traballo en grupo pero tamén para promover o traballo coas familias e a implicación destas na nosa dinámica. En vista do éxito, repetiremos!. Agradecemos especialmente a participación do noso alumnado xa que este ano contaron con menos tempo para poder traballar pero non con menos ganas, e iso viuse na alta participación así como no nivel dos postres. E como mostra delo aqui tedes as imaxes.

A MONSTER ORLA Alumnado de todolos cursos participou na elaboración destes entrañables personaxes que ambientaron a entrada do instituto. Por suposto, tratábase dunha Orla participativa na que podiamos sair fotografiados sacando o noso lado máis monstruoso...




domingo, 25 de octubre de 2015

Entrega de Premios Lemos Le

Este sábado 24 de outubro e con motivo da celebración do día das Bibliotecas escolares,tivo lugar a entrega de premios do colectivo Lemos Le, e dous alumnos do noso instituto resultaron premiados pola banda deseñada que elaboraron baixo o tema María Castaña dentro do ciclo Mulleres de Lemos Os alumnos premiados foron Sara Rodríguez Barrientos (1º premio) e Victor Domínguez Fernández (accésit). Aqui tedes unha mostra dos seus traballos e da entrega de premios.

24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares

Ademáis dos monicreques que foron aparecendo nos días previos, elaboramos con alumnado de Bacharelato uns carteis conmemorativos desta sinalada data.

Intervención no noso IES

Con motivo da celebración do día das Bibliotecas Escolares, alumnado de varios cursos participou na elaboración destes simpáticos monicreques, que agora habitan as nosas paredes acompañados dos seus libros.

Rincón de Lectura

Nada mellor para inaugurar o novo curso, que facelo co ansiado rincón de lectura. Agardamos que o disfrutedes e que vos resulte cómodo.

viernes, 5 de junio de 2015

Charla informativa para nais e pais


Celebrouse na biblioteca unha charla sobre os riscos de internet para nais e pais do alumnado do instituto.


miércoles, 3 de junio de 2015

Elaboramos un Kamishibai

O alumnado de 1º de ESO elaborou un kamishibai no que o traballo en equipo foi fundamental.
En grupos de tres crearon un personaxe fantástico que logo se sumou aos do resto dos grupos para dar forma a un relato. Nestas fotos podedes ver todo o proceso.

miércoles, 27 de mayo de 2015

Charla "somos diferentes, somos iguais?"

O venres 22 tivemos una actividade organizada polo Departamento de APSD que consistiu nunha charla a cargo dunha traballadora social de Cogami para explicar o labor que se realiza nesa entidade, falar da diversidade funcional desde as capacidades, fortalezas, autonomía e independencia, ...

sábado, 23 de mayo de 2015

Elaboración dun cronograma

Os alumnos de 1º de ESO realizamos un cronograma na biblioteca con Iria, a profesora da materia de Ciencias Naturais


domingo, 17 de mayo de 2015

Letras Galegas 2015

Para conmemorar as Letras Galegas deste ano, o alumnado de 3º e 4º encargouse de preparar con fíos e de expoñer os marcapáxinas elaborados no obradoiro por alumnado de toda a ESO, e por detrás escribironse os poemas que crearon no taller de lecto-escritura. Ademais, alumnado de 1º de Bacharelato encargouse de facer a tipografía conmemorativa.

Obradoiro de marcapáxinas

Esta foi unha actividade da biblioteca, que se realizou na aula de plástica por unha cuestión de mateirais, e da que saíron marcapáxinas abstractos e de multitude de cores.

Taller de Lecto-escritura

Esta actividade consistiu en coller verbas ó chou nos diccionarios e con elas facer poemas espontáneos. A maioria resultaron moi suxerentes.

sábado, 16 de mayo de 2015

Formación de novos usuarios

O alumnado de 1º de ESO, dividido en dous grupos, realizou actividades de búsqueda de libros nas que todos se implicaron aprendendo así a localizar libros na biblioteca a partir da CDU


viernes, 8 de mayo de 2015

Premiados do concurso fotolibro


1º Premio
Diario de un viaje imposible


2º Premio
Caperucita


2º Premio
Sueña

jueves, 7 de mayo de 2015

Concurso do Colectivo Lemos Le

O Colectivo Lemos Le, formado por responsables de bibliotecas públicas e municipais e a asociación de libreiros da comarca de Lemos, acaba de publicar as bases do II Certame Divulgativo Mulleres de Lemos. O certame ten como finalidade dar a coñecer figuras femininas relevantes da historia da comarca Terras de Lemos; nesta edición a figura sobre a que se traballará é María Castaña.
Categorías e destinatarios:
  • Banda deseñada, para persoas de 12 a 18 anos.
  • Traballo de divulgación: para persoas maiores de 18 anos.
Premio: diploma, 1 lote de libros, cea para dúas persoas e 1 lote de produtos da Ribeira Sacra.
Prazo de presentación dos traballos: 30 de maio.
Para obter máis información pódese consultar o blog do colectivo Lemos Le.

jueves, 23 de abril de 2015

lunes, 9 de marzo de 2015

8 de Marzo, Día Internaional da Muller

Para celebrar esta data, dende a biblioteca optamos por facer un panel con frases pensadas polo alumnado durante sesións de titoría organizadas polo Departamento de Orientación. A actividade consistiu levar ditas frases ao panel dun xeito participativo e activo, cada día da semana distintos alumnos encargábanse de escoller as frases para ese día, rotulalas e poñelas a modo de pancartas reivindicativas. Ademáis quixemos facer unha homenaxe ás mulleres escritoras que habitan na nosa biblioteca e cuias obras se puideron ver nos expositores que acompañaban ao panel.





jueves, 26 de febrero de 2015

Festival de Entroido 2015

Un ano máis tivemos o festival de Entroido, unha festa ineludible no noso instituto xa que fomenta o traballo en equipo e o espírito participativo, a creatividade e as habilidades de cada quen. E por suposto é un día importante xa que reunimos ao alumnado de todo o centro no noso salón de actos nun ambiente lúdico e divertido. Aqui queda unha mostra dos disfraces e actuacións deste ano.

viernes, 13 de febrero de 2015

Xoves de Comadres

Despois do xoves de compadres chega o de comadres, pola mañá no instituto estaba a agardarnos esta simpática e inofensiva montaxe adicada á nube, o novo sitio de internet onde se gardan os modelos de documentos de funcionamento do centro, que se puxo en marcha ao longo do curso pasado e que substitúe á páxina web.
Como xa sabedes, calquera novidade é susceptible de converterse en tema de compadres e comadres e aquí tedes unha mostra delo.


viernes, 6 de febrero de 2015

Espantanieblas Teatro

Hoxe alumnado da ESO, de ciclos, de FPB e de Bacharelato puideron disfrutar no noso instituto da representación teatral "Leyendas" de Bécquer a cargo da Compañía Espantanieblas Teatro







Xoves de Compadres

Un ano máis, sumámonos á celebración tradicional  que precede o antroido na nosa localidade, e que consiste en realizar os "compadres":  bonecos masculinos feitos por mulleres que parodian eventos significativos do ano. Bromistas anónimas da nosa Comunidade Educativa, aproveitaron a ocasión para parodiar a chegada ao noso instituto da famosa Impresora 3D e da expectación que causou entre o noso profesorado. O próximo xoves será o xoves de Comadres... a ver con que nos sorprenden!



Día da PAZ


Para celebrar o día da Paz, dende o Departamento de Orientación traballouse con distintos grupos para facer carteis nos que aparecen letras de cancións relacionadas coa Paz. Destacamos a implicación do alumnado e agradecemos a Loli a súa colaboración.


sábado, 10 de enero de 2015

Cub de Lectura Ir lendo



Ponse en marcha no mes de decembro o Club de Lectura Ir lendo.

 Inicíamolo cunha novela sinxela: 
Croquetas y wasaps de  Begoña Oro,  
que lerán os alumnos e alumnas do Club  da ESO. 





Para seguir a acualidade do Ir lendo
soamente tes que clicar na etiqueta do menú inicial da dereita.