Este ano as Letras Galegas adicáronse a Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María, foi un poeta destacado polo seu carácter combativo e o seu compromiso político. No noso instituto quixemos rendirlle homenaxe e conmemoramos esta data cunha serie de actos e actividades que pasamos a describir:
VISITA Á CASA DE MANUEL MARÍA
Con alumnado de ESO e Bacharelato en días distintos. Aproveitamos para visitar tamén o Castro de Viladonga.
PARTICIPACIÓN NO CORRELINGUA
Coma tódolos anos, participamos dende o noso Instituto na activiade do Correlingua con alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.
AMBIENTACIÓN DO INSTITUTO
Con ilustracións do Cancioneiro de Monforte de Lemos de Manuel María, realizadas polo alumnado de 4º de ESO, e con retratos de formato grande elaborados por alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Debuxo Artístico.
ROTEIRO POR MONFORTE
O alumnado de 1º de Bacharelato, saíu a facer unha ruta literaria pola localidade, visitando os lugares que aparecen no Cancioneiro e recitando neles os poemas de Manuel María.
Foi unha actividade moi completa da que posteriormente se elaborou un vídeo que se proxectou durante o acto adicado ás Letras Galegas.
ACTO DE CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS
E finalmente, realizamos o 14 de Maio un Acto conmemorativo no que se proxectou o video do roteiro, presentouse o metro-minuto, unha actividade realizada polo alumnado de 1º de ESO na materia de matemáticas, e que rematou co concerto de Clave de Fado, quen nos brindou o seu repertorio cunha calidade enorme, deixando aos asistentes gratamente sorprendidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario