BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

martes, 17 de xaneiro de 2012

AVATARES REGRESA COS SEUS ENIGMAS

O mércores pasado Teresa Grau visitounos para compartir con nós as súas narracións orais e introducir no mundo dos enigmas ó alumnado de 1º e 2º de ESO. Este luns regresou con novas historias destinadas a dous grupos : 3º e 4º de ESO, por un lado; e 1º de BAC, por outro.

Utilizando xogos de luces, velas , instrumentos étnicos e músicas do mundo conseguiu transportarnos a un mundo de fantasía pero sen despegar os pés da terra, e facéndonos reflexionar sobre o noso papel na vida e, especialmente, na sociedade da que formamos parte.

Teresa Grau, madrileña de nacemento aínda que na actualidade vive en Sober, é narradora desde hai 15 anos, durante os que desenvolveu a súa actividade en institutos de Madrid.


Temos a sorte de tela cerca para poder disfrutar noutra ocasión dos seus relatos.


Aquí tedes o recordo visual dalgúns momentos.








Ningún comentario: