BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

luns, 15 de marzo de 2010

Con motivo da celebración do Día do Libro, o próximo 23 de abril, a Biblioteca convoca o III Concurso de marcapáxinas. Si vos interesa, as bases atópanse no taboleiro da Biblioteca.
Adiantámosvos que cada alumno pode participar co número de marcapáxinas que desexe e que haberá dúas categorías: ESO por un lado e Bacharelato e Ciclos Formativos por outro. En cada categoría daranse dous premios. O primeiro premio de cada categoría consistirá nun vale de 40 € trocável por libros e/ou material escolar. No caso do segundo premio o vale será de 20 €.

Ningún comentario: