Hoxe tivemos o pracer de con contar no centro con Olga Novo, a poetisa de Vilarmao ( Pobra de Brollón). Esta actividade foi organizada polo equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa biblioteca.
A pesar dos pequenos problemas técnicos e da ausencia de voz de Lucía, que lle fixo unha fermosa presentación á súa amiga, disfrutamos moito coa charla-recital que Olga nos ofreceu.
Entre anécdotas e poemas recitados, sumerxiunos no mundo da poesía e na súa propia vida, con suavidade, entre recordos, con doce e agarimosa voz.
Queremos darvos as grazas polo ben que vos portastes, por ese silencio tan necesario neste tipo de actividade.
Anímadevos enviando algún comentario, sempre nos gusta que compartades opinións. Na sección de actividades tedes máis vídeos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario