Recordade que o 21 de marzo celebramos o día da POESÍA. A ver se vos animades con algún poema escrito por vós. Tamén podedes enviarnos o voso poema favorito coa correspondente referencia ó autor.
Hai uns días os alumnos de 4º de ESO traballaron en lingua castelá distintas formas de creación literaria. Un dos exercicios que máis gustou foi o TAUTOGRAMA, un texto formado por palabras que comecen pola mesma letra.
Este é o tautograma realizado por Emilio e Miriam, verdade que lles quedou ben?
É un adianto para ir conmemorando ese día, espero que enviedes máis textos e recordade que tamén estará con nós OLGA NOVO na biblioteca, pinchade neste enlace de OLLÁNDONOS para ver o fermoso cartaz que fixo Anxo sobre a súa visita.
Camino caminado
Cultivar cada cuerpo
con cada caricia,
contar contigo como cuentagotas.
Cultivo cada cuerpo con curiosidad.
Cariño, cuenta conmigo con cada cosa.
Calcula,cielo, con calma,
cada camino caminado.
Contigo,cielo, casaré.
Emilio y Miriam, 4º ESO
Ningún comentario:
Publicar un comentario