BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

mércores, 1 de xullo de 2026

COGOMELOS, PLANTAS INVASORES

EXPOSICIÓN DE COGOMELOS E PLANTAS INVASORAS  

Coma nos últimos anos, a nosa biblioteca acolleu unha exposiciónd e cogomelos e de plantas invasoras cedidas pola asociación AMABUL.









CHARLAMOS

CHARLAS NA BIBLIOTECA

     A biblioteca do IES acolleu un sen fin de charlas e conferencia ó longo de todo o curso: Conferencia sobre plantas invasoras dos ríos galegos, Charla da Asociaciación contra o cancro, Charla sobre as algas asasinas, Xornada de orientación da USC para 1º BAC, tamén sobre a UDC, e da Univ. De Vigo, que presentaron a súa oferta educativa, Charla sobre o pé no deporte,  Charla sobre Salvador Dalí, Charla sobre o proceso de reciclaxe e moitas outras que foron publicitadas a través do Intagram do centro: https://www.instagram.com/iesdavinarei?igsh=MWM4a3g1YWo4NDVnaQ==









MAN A MAN CO INNOVA_LAB

 LEO-LAB

   O noso instituto participou este curso no INNOVA-LAB en dúas modalidades: MATES-LAB e LEO-LAB. Nesta última modalidade, realizáronse moitas actividades para potenciar a lectura: os cafés lectores, os podcast terroríficos, unha exposición de banda deseñada, un obradoiro de creación literaria, un escape room, un obradoiro de creación de portadas de libros e  outro sobre as fake news.








NO FALA QUE FALA

 FIXEMOS UN PROGRAMA DE RADIO

        Radio Líder de Santiago trasladouse á nosa biblioteca para gravar un dos 8 programas da 3ª edición do Fala que fala. Nesta ocasión houbo estrevistas, xogos e gravacións de reels. Participou o alumnado de 1º da ESO e unha selección de alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO (https://www.instagram.com/fala_quefala/). O alumnado tivo que realizar o texto da actividade que protagonizou para o cal tivo que informarse sobre diferentes temas. Houbo concursos, entrevistas, reels e moitos risos!! E unha festa final en Santiago onde nos xuntamos os 8 centros que participamos nesta edición do FALA QUE FALA.













CAFÉS LECTORES

 OS CAFÉS LECTORES CHEGAN Á BIBLIO DA MAN DO INNOVA-LAB

Tomamos café (descafeinado iso si), infusións e chocolate.

Comemos froita, pastas e galletiñas

Xogamos ás adiviñas, ás definicións, a completar textos...

E todo lendo xuntos







Los diarios de la boticaria

LOS DIARIOS DE LA BOTICARIA, XA TEMOS 13 VOLUMES NA BIBLIO

O club de lectura dedicado a Los diarios de la boticaria reuniu o alumnado arredor dos dous primeiros volumes desta exitosa serie, unha obra que combina misterio, intrigas palacianas e investigacións ambientadas na China imperial. Ao longo das sesións, os participantes comentaron os casos resoltos pola intelixente Maomao, compartiron impresións sobre a evolución dos personaxes e intercambiaron teorías sobre os enigmas que vertebran a historia, nun ambiente de lectura compartida que espertou un grande interese por continuar coa saga.


UNHA NOVELA POLICÍACA: ASASINATO NA CASA ROSA

 UNHA CURIOSA MORTE EN Asasinato na casa rosa de

 ARANTXA PORTABALES

    O alumnado de 2º de Bacharelato participou no club de lectura coordinado por Raquel Aira arredor de Asasinato na casa rosa, de Arantxa Portabales, unha novela na que a intriga e o suspense manteñen o lector en constante dúbida ata o inesperado desenlace. A través de diferentes actividades lúdicas —como xogos sobre os personaxes, os feitos da trama, os obxectos clave ou as citas da obra, ademais dun cuestionario por equipos e a recreación fotográfica dalgúns capítulos—, os trece participantes puxeron a proba a súa capacidade de observación e dedución, converténdose por uns días en auténticos investigadores.

    E se liches o libro e che gustou, proba co Asasinato no muíño do cura!!!! Boísimo.




OS DENTES SON OS DOS COELLOS

 DENTES DE COELLO DE PAULA CARBALLEIRA

O alumnado de 3º ESO PDC participou nun club de lectura arredor da obra teatral Dentes de Coello, de Paula Carballeira, coordinado por Lautaro Javier Mateo Morales Vila. A través da escoita dunha entrevista á autora, da descuberta das características do xénero teatral, da lectura dramatizada da obra e de diferentes exercicios de expresión e creación de personaxes, os nove participantes achegáronse ao teatro en lingua galega dunha forma activa e participativa. Ademais de favorecer a comprensión da obra e a reflexión sobre os seus personaxes e o seu sorprendente desenlace, a actividade converteuse nun espazo de confianza no que un alumnado maioritariamente de orixe estranxeira puido mellorar a súa competencia en galego e gañar seguridade á hora de expresarse.



MORGANA NON FOI TAN MALA

BEGOÑA CAAMAÑO E MORGANA EN ESMELLE

Na novela, Begoña Caamaño devolve a voz a unha das personaxes femininas máis estigmatizadas da tradición artúrica. A súa Morgana deixa de ser a meiga malvada da lenda para converterse nunha muller complexa, intelixente e contraditoria, desde a que a autora reflexiona sobre a responsabilidade, o poder, a liberdade e o modelo de sociedade que queremos construír.

O alumnado de 1º de Bacharelato participou durante o mes de maio no club de lectura coordinado por Raquel Aira, arredor da novela Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Nesta obra, a autora revisa o mito artúrico desde unha perspectiva renovadora, afastándose da imaxe tradicional de Morgana como meiga malvada para presentala como unha muller de carne e óso, complexa, libre e dona da súa propia voz. Ao longo de varias sesións celebradas na biblioteca escolar durante o tempo de lecer, os nove participantes afondaron nesta reinterpretación a través de actividades moi dinámicas: lembraron os principais elementos da Materia de Bretaña mediante un remuíño de ideas, repasaron a trama cun xogo de preguntas elaborado por eles mesmos, identificaron os personaxes e as súas características mediante un xogo de adiviñas, puxeron a proba os seus coñecementos cun Kahoot sobre a novela e remataron elaborando un booktrailer inspirado nesta nova visión do mito. Unha experiencia de lectura compartida que permitiu descubrir como os clásicos poden ser revisitados para ofrecer novas lecturas sobre a identidade, a liberdade e o papel das mulleres na historia e na literatura.




CLUB DE LECTURA DE DIVERSIDADE E IGUALDADE

 CLUB DE LECTURA DE IGUALDADE E DIVERSIDADE

(ADULTOS)

a)    O grupo reuniuse todos os xoves pola tarde para ler algún capítulo do libro e debatir sobre os temas que nel se abordan: estereotipos de xénero, feminización dos coidados, masculinidade hexemónica e masculinidades alternativas, relacións afectivo-sexuais saudables, socialización diferencial de xénero, saúde menstrual, sororidade, etc.


   






MARIPOSAS AMARILLAS

PRESENTACIÓN DO LIBRO DA NOSA PROFE EVA CABANELAS
MARIPOSAS AMARILLAS

O día 10 de abril tivo lugar na Biblioteca a presentación do libro, a que acudiu profesorado e alumnado do centro. Nun coloquio conducido pola directora, falamos do proceso creativo e editorial e dalgúns dos temas, como a maternidade, as relacións de parella ou a realización persoal.