BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

domingo, 25 de marzo de 2012

Actividade musical con DENADIE

O venres pasado(día 23), no salón de actos de Centro, tivemos a oportunidade de disfrutar co grupo musical DENADIE. Nesta ocasión estiveron con nós dous integrantes do mesmo: El Mapa e Luky Lacatox . Acaban de sacar o seu último traballo TIERRA DE NADIE, do cal nos interpretaron dous temas.

Ademais, temos que dicir, que para nós Manuel Parada (EL MAPA) é casi como da familia, xa que é fillo de Vicente Parada, que leva a cafetería do noso instituto.

Pois ben, nesta actividade musical, Mapa nos amosou cómo partindo dun micrófono,dous ordenadores, un programa de edición musical, un teclado e a propia voz se pode compoñer con relativa facilidade un pequeno tema.
Para elo partiu de catro sons vocais diferentes que imitaban o son de catro instrumnetos de percusión. Misturando estes catro sons obtivo unha base rítmica sobre a que superpuxo tres sinxelas melodías realizadas co teclado, obtendo así unha base rítmico-melódica sobre a cal xa poder interpretar a melodia e letra do novo tema de hip hop. E todo rematado en tan só 20 minutos!Así de fácil aparentemente, aínda que sabemos que non é tan doado como parece.

Na parte final, como xa dixemos anteriormente, interpretaron dous temas do seu último traballo. Nun deles colaborou a monfortina Sara Jett (Sara Burgo)

A todos nos encantou esta actividade, que foi do mais amena e entretida, e que captou a atención de todo o público.

Ningún comentario: