BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI
Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com
xoves, 29 de outubro de 2015
Samaín 2015
II CONCURSO DE REPOSTERÍA TERRORÍFICA
Repetimos este concurso, que tan bo resultado deu o curso pasado e cuias bases estiveron expostas polo noso IES.
Esta actividade está plantexada para promover o traballo en grupo pero tamén para promover o traballo coas familias e a implicación destas na nosa dinámica. En vista do éxito, repetiremos!.
Agradecemos especialmente a participación do noso alumnado xa que este ano contaron con menos tempo para poder traballar pero non con menos ganas, e iso viuse na alta participación así como no nivel dos postres. E como mostra delo aqui tedes as imaxes.
A MONSTER ORLA
Alumnado de todolos cursos participou na elaboración destes entrañables personaxes que ambientaron a entrada do instituto. Por suposto, tratábase dunha Orla participativa na que podiamos sair fotografiados sacando o noso lado máis monstruoso...
domingo, 25 de outubro de 2015
Entrega de Premios Lemos Le
Este sábado 24 de outubro e con motivo da celebración do día das Bibliotecas escolares,tivo lugar a entrega de premios do colectivo Lemos Le, e dous alumnos do noso instituto resultaron premiados pola banda deseñada que elaboraron baixo o tema María Castaña dentro do ciclo Mulleres de Lemos
Os alumnos premiados foron Sara Rodríguez Barrientos (1º premio) e Victor Domínguez Fernández (accésit). Aqui tedes unha mostra dos seus traballos e da entrega de premios.
24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares
Ademáis dos monicreques que foron aparecendo nos días previos, elaboramos con alumnado de Bacharelato uns carteis conmemorativos desta sinalada data.
Intervención no noso IES
Con motivo da celebración do día das Bibliotecas Escolares, alumnado de varios cursos participou na elaboración destes simpáticos monicreques, que agora habitan as nosas paredes acompañados dos seus libros.
Rincón de Lectura
Nada mellor para inaugurar o novo curso, que facelo co ansiado rincón de lectura. Agardamos que o disfrutedes e que vos resulte cómodo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)