ABRIL 2015
CONCURSO FOTOLIBRO
DÍA DO LIBRO
Este concurso consiste en seleccionar un libro e presentar unha fotografía que faga referencia ó título do libro seleccionado. Recuperamos a idea que compartiu o IES Mosteirón de Sada e que tanto éxito tivo cando a puxemos en práctica no ano 2012.
BASES
- Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas (e non premiadas noutros certames) .
- As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@ do libro e do participante no concurso. Cada un participará cun máximo de tres fotos. Poderase participar de xeito colectivo cun máximo de 4 compoñentes por grupo.
- Será requisito indispensable estar matriculado no centro. O prazo de presentación rematará o venres 17 de abril de 2015.
- As fotografías, co seu título, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: davibiblio@gmail.com e figurarán os datos persoais e curso do compoñente ou compoñentes.
- Os traballos serán expostos do 20 ó 30 de abril para celebrar o Día do Libro.
- As obras serán avaliadas por un xurado formado por persoal do centro (entre o que non figurará o profesorado encargado da Biblioteca).
- Estableceranse 3 premios que terán en conta de forma conxunta a creatividade, a relación co título e o resultado estético. O anuncio das fotos gañadoras do concurso publicarase no blog o xoves 7 de maio.
- Os premios consistirán en vales canxeables en diferentes establecementos da comarca (os establecementos figurarán no vale).
- Un 1º premio consistente nun vale por 50€
- Dous 2º premios consistentes nun vale por 25€ cada un.
- A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.
- A participación no certame implica a aceptación destas bases.
NOVEMBRO 2014
SAMAÍN 2014
CONCURSO DE REPOSTERÍA TERRORÍFICA
BASES
Para celebrar o día do Halloween/Samaín o Daviña convoca un concurso de repostería. O concurso queda aberto a todo tipo de postres, tartas, pasteis, galletas, pastas, madalenas, ..., elaborados polos participantes. Non se aceptará ningún precociñado. O tema será calquera relacionado co terror, suspense, ambiente gótico, etc.
Poderá participar todo o alumnado do IES Daviña Rei. A inscrición poderá ser individual ou en grupo, pero todas concursarán nunha única categoría e cun único postre.
O prazo de inscrición será ata o día 28 martes e farase na biblioteca durante os recreos. A repostería traerase á biblioteca do centro o xoves 30 ás 8:45 (primeira hora).
A cada participante asignaráselle un nº que figurará tamén nos pratos para garantir o anonimato.
O xurado estará formado por persoal do centro. Degustará a repostería durante o recreo do xoves 30 de outubro. Valorará, ademais do sabor, a presentación, a orixinalidade e a relación co tema proposto; a súa decisión será inapelable. O fallo e entrega de premios darase a coñecer ás 13:25 no salón de actos.
Trala degustación por parte do xurado todos os asistentes poderán zampar os produtos presentados.
Os premios consistirán en vales canxeables en diferentes establecementos da comarca (os establecementos figurarán no vale).
Un 1º premio consistente nun vale por 50€
Dous 2º premios consistentes nun vale por 25€ cada un.
Ademais outorgarase un diploma a cada participante.
OUTUBRO
MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este curso, e para celebrar o Mes Internacional das Bibliotecas Escolares, os alumnos de terceiro e cuarto de ESO e primeiro de Bacharelato, realizaron diversos escritos, entre eles algún poemas, nos que facían una reflexión sobre os libros e as bibliotecas.
Seleccionáronse algún destes escritos e con eles elaborouse un power point no que ademáis se explicaba a razón de ser deste mes adicado ás bibliotecas escolares así coma os cambios que se foron producindo na biblioteca do centro ó longo destes últimos anos. Así mesmo, ao final, se proxectou un pequeño conto: A Flor Máis Grande do Mundo de José Saramago. Os destinatarios desta actividade foron os alumnos de ESO.
Entre os participantes sorteáronse varios libros.
Aquí tedes unha pequenísima mostra dalgúns destes escritos
Para mi una biblioteca es como un aeropuerto
y cada libro como un avión,
viajas y viajas en el tiempo
sin moverte del sillón.
Si lo piensas, los libros son como las drogas,
una vez que empiezas, te engancahn durante horas
La biblioteca, ese lugar donde todo se dispara:
la imaginación,diversión, los libros y la fama.
Puedes imaginar cualquier cosa, ser quién más quieras:
un unicornio,una piedra, un palo o una hierba.
Los libros por el día cobran vida,
y por la noche toman ponche
y sus hijas, las palabras, juegan a hacer crucigramas.
Si lo piensas bien un libro es una drogaque te hace alucinar
y no puedes parar
En la biblioteca te puedes encontrar
todas las historias
que puedas imaginar.
Allí nos podemos entretener
con los libros que podemos leer.
En la biblioteca puedes ver
que hay muchos libros
que te ayidan a aprender.
PORQUE LEER ES SABER
XANEIRO 2013
DENDE A BIBLIOTECA CELEBRAMOS SAN VALENTÍN
CONCURSO DE POEMAS E CARTAS DE AMOR
- Pode participar
todo o alumnado do centro
- Cada participante
pode presentar un poema, unha carta ou ámbalas dúas cousas.
- Tódolos poemas e
cartas entrarán no concurso, pero ademais podedes adicarlla a alguén de
forma anónima.
- Para participar no
concurso entregaredes os vosos poemas e cartas nun sobre pechado no que
poredes por fora o voso DNI
- Si ademais de
participar no concurso queredes tamén adicarlle a alguén especial o poema
ou carta de amor, entón teredes que entregar dous sobres, o primeiro tal
cal figura no punto anterior, e o segundo deberá incluír ademais o nome ,
apelidos e curso da persoa á que vaia adicada .
- Os sobres para o
concurso entregaranse na Biblioteca en horario de recreo antes do día 8 de
febreiro.
- Os sobres con
cartas ou poemas adicados meteranse nunha furna pechada que estará á vosa
disposición en conserxería. ( ATENCIÓN!!!: ESTAS CARTAS OU POEMAS ADICADOS DEBEN SER OS MESMOS
QUE PARTICIPAN EN CONCURSO. SI SE DETECTA ALGÚN DE CONTIDO OFENSIVO PARA O
DESTINATARIO TOMARANSE MEDIDAS AO RESPECTO)
- O día 14 persoal da
biblioteca repartirá polas clases os poemas e cartas de amor con
destinatario.
- Haberá un premio
sorpresa para o poema ou carta que resulte elixida como gañadora.
- Se houbese moita
participación e/ou os poemas e cartas foran de bastante
calidade poderían darse máis
premios.
NOVEMBRO 2012
CONCURSO DE LOGOS
Buscamos logo para a Biblioteca.
-Pode participar todo o alumnado do centro
-Os logos entregaranse antes das vacacións de Nadal na Biblioteca en horario de recreo
-O logo que resulte gañador recibirá un agasallo sorpresa.
OUTUBRO 2012
MES INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Grazas da todos pola vosa colaboración
MAIO 2012
LETRAS GALEGAS
IV CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
BASES
-Poderán participar neste concurso tódolos alumnos do Centro.
-Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres marcapáxinas.
-Os marcapáxinas realizaranse en cartulina en formato 5x21 cms. e poderase escoller como fondo o color desexado.
-O diseño será só por unha cara,sen que sobresaia ningún elemento.
-Cada marcapáxinas, ademais de decorado, irá acompañado dun lema, en galego , que fomente o gusto e interés pola lectura.
-A presentación dos marcapáxinas será en sobre cerrado, poñendo na parte exterior o lema do mesmo. Este sobre irá acompañado doutro, tamén co lema no exterior, e co nome, apelidos, curso e grupo no interior.Con elo garantizamos o anonimato dos participantes.
-En principio, haberá un único premio consistente nun marco de fotos dixital. Queda aberta a posibilidade dun segundo premio se o nivel de participación e/ou calidae dos traballos son moi altos.
-Valorarase a orixinalidade do lema e do diseño.
-O prazo de presentación dos traballos finaliza o 10 de maio e serán entregados na Biblioteca.
(SE TEDES DÚBIDAS CONSULTADE NA BIBLIOTECA)
ABRIL 2012
CONCURSO FOTOLIBRO
Este concurso consiste en seleccionar un libro e presentar unha fotografía que faga referencia ó título do libro seleccionado. Agradecemos a xenerosidade do IES O Mosteirón, de Sada, que compartiu a idea coas bibliotecas escolares galegas.
BASES
Primeira. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas (e non premiadas noutros certames) .
Segunda. As fotos deberán levar un título e o nome d@ autor@ do libro e do participante no concurso. Cada un participará cun máximo de tres fotos.
Terceira. Poderán participar tódolos alumnos do Centro. O prazo de presentación rematará o 20 de abril de 2012.
Cuarta. As fotografías, co seu título, enviaranse por correo electrónico ao seguinte enderezo: davibiblio@gmail.com ou entregaranse na biblioteca nun sobre co nome do autor e o título por fora.
Quinta. Os traballos serán expostos na semana do 23 ó 27 de abril para celebrar o Día do Libro.
Sexta. As obras serán avaliadas polo equipo da Biblioteca e algúns profesores doutros departamentos que proclamarán unha fotografía gañadora, quedando aberta a posibilidade dun segundo premio dependendo do nivel de participación e/ou calidade dos traballos.
Sétima. O anuncio da foto gañadora do concurso publicarase no blog o día 4 de maio.
Oitava. Os gañador recibirá UNHA CÁMARA DE FOTOS
Novena. A biblioteca resérvase o dereito a usar as fotos participantes no concurso.
Décima. A participación no certame implica a aceptación destas bases.
(Á volta de vacacións publicaremos unha lista con posibles títulos para realizar o traballo)
MARZO 2012
21 MARZO DÍA DA POESÍA CON OLGA NOVO
Para celebrar o Día da Poesía pasamos unha tarde moi especial en compañía de Olga Novo. Deleitounos coa súa obra de viva voz, de forma amena e cercana, demostrando que a poesía non está tan lonxe como ás veces vos parece. Aquí quedan os enlaces ós vídeos para que poidades disfrutar de novo das súas palabras e da súa obra.
FORMACIÓN DE USUARIOS: PREGUNTAS ENCADEADAS
O luns día 19 e martes 20 desenrolamos na Biblioteca a terceira e cuarta sesión de formación de usuarios. Nesta ocasión tratábase dun xogo de preguntas encadeadas destinado o alumnado de 1º de ESO. Para resolver este divertido xogo, os alumnos tiñan que levar á práctica os coñecementos sobre funcionamento, CDU,catalogación de fondos, situación dos mesmos no espazo físico da biblioteca..., adquiridos durante as dúas primeiras sesións de formación de usuarios desenroladas xa durante o primeiro trimestre.
Ó mesmo tempo que pasaron un bo rato xogando a seren detectives en busca de información, conqueriron adquirir máis destrezas no manexo dos fondos da Biblioteca.
OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL
Dende ó mércores 31 de xaneiro, no noso instituto, estase desenrolando un Obradoiro de formación de narradores, dirixido por Teresa Grau.
Un total de 15 alumnos de 1º de Bacharelato participan nas seis sesións das que consta o obradoiro, e que se desenrolan mércores alternos de 3 a 4 da tarde.
FEBREIRO 2012
CONCURSO: "Este é o meu libro...Queres vivilo?
Xa foron publicados na páxina principal os catro vídeos presentados ao concurso( día 21 de xaneiro) así como o resultado do mesmo (día 1 de febreiro). Grazas a tod@s pola vosa participación e esforzo.
3º FESTIVAL DE ANTROIDO
Un ano máis estamos a preparar un novo Festival de Antroido.Para poder levalo a cabo necesitamos da vosa participación, así que veña, animádevos e ,A PASALO BEN!!
BASES
Con motivo da celebración do Antroido convócase un concurso de disfraces sobre persoaxes do mundo da cultura en xeral. Pode participar toda a comunidade educativa.
2. O disfraz representará, en todo caso, persoaxes relacionados coa literatura, música, cine, historia e artes en xeral.
3. Cada participante deberá escoller, dramatizar ou representar un fragmento alusivo ó personaxe elixido.
4. O acto celebrarase o venres, 17 de febreiro, a partir da 5ª hora da mañá.
5. Os disfrazados realizarán as súas representacións no Salón de Actos.
6. Entre os participantes sortearanse un ou varios agasallos según o nivel de participación.
7. Prazo e lugar de inscripción: ata o martes 31 de xaneiro na Biblioteca, en horario de recreo.
Por favor, si tedes dúbidas ou necesitades ideas , consultade na Biblioteca.
XANEIRO 2012
DECEMBRO 2011
LIBROS VIAXEIROS
Coa chegada do Nadal xa temos no centro os Libros Viaxeiros. En tres bolsas diferentes atoparedes libros de varios xéneros para que toda a familia poida disfrutar da lectura.Esta actividade vai, en principio, destinada ó alumnado de 1º de Bacharelato e, básicamente, consiste en que cada 20 días u alumno leva a bolsa cos libros viaxeiros para a súa casa. Cada membro da familia pode escoller o libro que máis lle interese, lelo e anotar a súa opinión na libretiña destinada a este fin.
Esperamos que percorran moitos camiños e que atopen moitos lectores ó seu paso.
NOVEMBRO 2011
25 de novembro. Día Mundial contra a Violencia de Xénero
Dende a biblioteca do Daviña queremos facerlle a nosa pequena homenaxe a tódalas vítimas da violencia de xénero. Para elo, alumnos de 4º de ESO e 1º de BAC escribiron frases relacionadas co tema. De todas elas, seleccionáronse 54, unha por cada víctima do ano actual. As frases foron expostas nun gran panel situado no vestíbulo do centro.Ó longo deste día, todo aquel que quixera podía deixar a súa opinión a través de posits nun muro.
Este é o meu libro,… queres vivilo??

Pois agora tes unha oportunidade que non podes deixar escapar e coa que, ademais de divertirte, podes gañar un bonito agasallo. Trátase dun concurso no que, en formato vídeo (ó que podes engadir tódolos efectos que desexes, para facelo máis atractivo), vas promocionar ese libro tan especial para ti.
BASES DO CONCURSO
- Pódese participar de maneira individual ou en parella.
- A presentación será en formato vídeo (podes utilizar cámara propia, teléfono móbil…)
- A duración de cada vídeo promocional será de entre 20 e 40 segundos
- Premiarase a orixinalidade, captación do receptor e complexidade na elaboración.
- Haberá premios(o número dependerá do nivel de participación e calidade dos traballos) consistentes en vales canxeables en determinados establecementos.
- A data límite de presentación será o 12 de decembro.
- Podedes enviar os vosos vídeos á seguinte dirección de correo electrónico: davibiblio@gmail.com
ATENCIÓN !! Modifícase o prazo de entrega para o día 17 de xaneiro
OUTUBRO 2011
Este novo curso, comezamos cun Mercadiño Literario, que celebraremos o día 28 de outubro. Nel poderedes intercambiar libros e material audiovisual. Para elo, traede á biblioteca do noso Centro aqueles libros e outros materiais audiovisuais do que non vos importe desfacervos, e que, ó mesmo tempo, vos parezan de interés para o mercadiño. Por cada exemplar que traiades, recibiredes un vale para canxear no noso mercadiño.
UNHAS FOTIÑOS DO NOSO MERCADIÑO.
Ahí tedes unhas fotos do mercadiño. Moitas grazas a todos os que coas vosas aportacións fixestes posible que esta actividade se puidese levar a cabo.
- Os vídeos promocionais serán publicados no blog da Biblioteca.
( SE TEDES DÚBIDAS PREGUNTADE NA BIBLIOTECA)
ATENCIÓN !! Modifícase o prazo de entrega para o día 17 de xaneiro
OUTUBRO 2011
Este novo curso, comezamos cun Mercadiño Literario, que celebraremos o día 28 de outubro. Nel poderedes intercambiar libros e material audiovisual. Para elo, traede á biblioteca do noso Centro aqueles libros e outros materiais audiovisuais do que non vos importe desfacervos, e que, ó mesmo tempo, vos parezan de interés para o mercadiño. Por cada exemplar que traiades, recibiredes un vale para canxear no noso mercadiño.
UNHAS FOTIÑOS DO NOSO MERCADIÑO.
Ahí tedes unhas fotos do mercadiño. Moitas grazas a todos os que coas vosas aportacións fixestes posible que esta actividade se puidese levar a cabo.