BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

luns, 27 de outubro de 2014

Día das Bibliotecas Escolares.


Cartaces elaborados polo alumnado para celebrar o día das Bibliotecas Escolares








luns, 4 de novembro de 2013

Outubro, mes internacional das Bibliotecas Escolares


   Este curso, e para celebrar o Mes Internacional das Bibliotecas Escolares, os alumnos de terceiro e cuarto de ESO e primeiro de Bacharelato, realizaron diversos escritos, entre eles algún poemas, nos que facían una reflexión sobre os libros e as bibliotecas.

  Seleccionáronse algún destes escritos e con eles elaborouse un power point no que ademáis se explicaba a razón de ser deste mes adicado ás bibliotecas escolares así coma os cambios que se foron producindo na biblioteca do centro ó longo destes últimos anos. Así mesmo, ao final, se proxectou un pequeño conto: A Flor Máis Grande do Mundo de José Saramago. Os destinatarios desta actividade foron os alumnos de ESO.



                                                                 LEMOS ?

  A Asociación de Bibliotecas da Comarca, entre as que se atopa a biblioteca do noso instituto, organizou o día 24 de outubro, e para celebrar o Día da Biblioteca, unha cea no Centro do Viño á que ademáis de asistir persoal das bibliotecas da zona, tamén acudiron diversas autoridades , profesorado dalgúns centros educativos e o escritor monfortino Antón Lopo que recitou e escinificou un poema propio. Tamén se leron textos escritos para a  ocasión por Manuel Veiga, Olga Novo e Anuncia, antiga profesora do colexo  A Gándara.






luns, 22 de outubro de 2012

MAMMA MIA

Por fin xa temos aquí as fotografías do musical que representamos a finais do curso pasado.
Queremos dar as grazas a todos aqueles profesores que co seu apoio material e/ou moral fixeron posible que, finalmente, este musical se puidese presentar ao público. Estas grazas van, de maneira moi especial, dirixidas a Jesús, que estivo con nós en moitísimos ensaios axudándonos con todo o relativo ó son, e que, verdadeiramente, lle puxo interés e ganas. Tampouco nos queremos esquecer dos alumnos de terceiro e cuarto de ESO e da súa profesora de plástica; grazas a eles, e como podedes observar, temos de fondo un bonito decorado. En resume, grazas a moitos e moitas( que xa vos dades por aludidos) por todo o voso apoio e cariño.

Ah!, e a todos e todas , os e as  participantes, NORABOA!!!, porque o fixestes realmente ben e con moita profesionalidade. Grazas por facer que todos o pasaramos en grande coa vosa representación. Seguro que dende aquí algún ou algunha salta á fama.


MAMMA MIA on PhotoPeach



sábado, 16 de xuño de 2012

¡¡¡ MAMMA MIA !!!

Aquí tedes unha fermosa  foto do ensaio do musical MAMMA MIA que están a realizar os alumnos e alumnas de Música de 1º BAC.

O próximo venres 22 de xuño teremos o pracer de asistir ao seu estreno no salón de actos do Daviña. Non faltedes, será un espéctaculo inesquecible.



luns, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO

Feliz DÍA DO LIBRO para todos. No Daviña celebramos esta SEMANA DO LIBRO co concurso FOTOLIBRO, creado polo IES  Mosteirón ( Sada),  ó que lle damos de novo as grazas por compartir a idea. Aquí tedes as fotos presentadas. O certo é que todos quedamos encantados cos traballos expostos  pola calidade amosada, a súa fermosura, a orixinalidade, a creatividade...demostrando unha vez máis que sodes uns verdadeiros artistas. Animádevos cos comentarios, compartide as vosas preferencias.

GRAZAS POR PARTICIPAR E MOITA SORTE!!!




CONCURSO FOTOLIBRO on PhotoPeach


E aínda hai máis...


CONCURSO FOTOLIBRO on PhotoPeach