Por fin xa temos aquí as fotografías do musical que representamos a finais do curso pasado.
Queremos dar as grazas a todos aqueles profesores que co seu apoio material e/ou moral fixeron posible que, finalmente, este musical se puidese presentar ao público. Estas grazas van, de maneira moi especial, dirixidas a Jesús, que estivo con nós en moitísimos ensaios axudándonos con todo o relativo ó son, e que, verdadeiramente, lle puxo interés e ganas. Tampouco nos queremos esquecer dos alumnos de terceiro e cuarto de ESO e da súa profesora de plástica; grazas a eles, e como podedes observar, temos de fondo un bonito decorado. En resume, grazas a moitos e moitas( que xa vos dades por aludidos) por todo o voso apoio e cariño.
Ah!, e a todos e todas , os e as participantes, NORABOA!!!, porque o fixestes realmente ben e con moita profesionalidade. Grazas por facer que todos o pasaramos en grande coa vosa representación. Seguro que dende aquí algún ou algunha salta á fama.
Ningún comentario:
Publicar un comentario