Outubro/Novembro 2021
Coma todos os anos celebramos o 💀Samaín💀 decorando o centro. Unha cosiderable cantidade de alumnos e alumnas, ademais de membros do profesorado, contribuiron cos seus disfraces a animar a xornada. Non poidemos convocar unha nova edición do xa tradicional "Concurso de Repostería Terrorífica" por mor das medidas de protección contra a COVID, pero si o "Concurso de Cabazos" e o de "Relatos de Terror", nos que o alumnado, unha vez mais, demostrou a súa creatividade. Da decoración ocupouse en gran medida o alumnado de 1º de EDIN. Tamén foi de destacar a exposición de debuxos terroríficos realizada polo alumnado de Plástica. 👻👺👹👽👾👿👷👶👸
Deixámosvos algunhas fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario