BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

venres, 3 de xuño de 2011

ANTROIDO CULTURAL (imaxes)




HOMENAXE A MARIO VARGAS LLOSA

Con motivo da entrega do Premio Nóbel de Literatura a Mario Vargas Llosa, o día anterior ás vacacións de Nadal realizámoslle a nosa particular homenaxe. Dita homenaxe consistiu nun acto ( no Salón de Actos) no que alumnado do Centro realizou unha exposición sobre a súa vida, obra, galardóns e adaptacións cinematográficas das súas obras. O acto rematou coa lectura de fragmentos dalgunhas das súas obras acompañadas dunha pequeña dramatización das mesmas. A continuación tivo lugar unha exposición , no vestíbulo do Centro, da obra do autor, e , para rematar, proxectouse na Salon de Actos, a película En el tiempo de las mariposas, que narra un episodio que aparece na súa obra La Fiesta del Chivo.

ACTO DE HOMENAXE A VARGAS LLOSA ( dúas imaxes)









EXPOSICIÓN SOBRE VARGAS LLOSA



luns, 23 de maio de 2011

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR















O día 24 de outubro, e para celebrar o Día da Biblioteca Escolar, realizamos un mercadiño de intercambio de libros que, por certo, grazas ó interés amosado por todos vós, foi un éxito.

Ahí tedes unhas fotos:






luns, 31 de maio de 2010

DÍA DO LIBRO















































































Presentámosvos unhas fotografías da lectura de El Príncipe Destronado, de Miguel Delibes, realizada por alumnado do Centro.

luns, 24 de maio de 2010

DÍA DO LIBRO


O pasado día 23 de abril, para celebrar o Día do Libro, realizamos unha exposición sobre Miguel Delibes (no ano do seu falecemento) e Miguel Hernández (no bicentenario do seu nacemento). Para elo, colocamos un punto de lectura na entrada do Centro cunha pequena mostra das súas obras.

Así mesmo, arredor de vintedous alumnos, fixeron unha lectura en distintos idiomas (español, galego, francés, inglés, italiano, árabe, alemán, grego e latín) dun capítulo do

Príncipe Destronado de M. Delibes. Esto tivo lugar no Salón de Actos e foi presenciado polo alumnado do Centro.