O pasado día 23 de abril, para celebrar o Día do Libro, realizamos unha exposición sobre Miguel Delibes (no ano do seu falecemento) e Miguel Hernández (no bicentenario do seu nacemento). Para elo, colocamos un punto de lectura na entrada do Centro cunha pequena mostra das súas obras.
Así mesmo, arredor de vintedous alumnos, fixeron unha lectura en distintos idiomas (español, galego, francés, inglés, italiano, árabe, alemán, grego e latín) dun capítulo do
Príncipe Destronado de M. Delibes. Esto tivo lugar no Salón de Actos e foi presenciado polo alumnado do Centro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario