BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

mércores, 1 de xullo de 2026

MORGANA NON FOI TAN MALA

BEGOÑA CAAMAÑO E MORGANA EN ESMELLE

Na novela, Begoña Caamaño devolve a voz a unha das personaxes femininas máis estigmatizadas da tradición artúrica. A súa Morgana deixa de ser a meiga malvada da lenda para converterse nunha muller complexa, intelixente e contraditoria, desde a que a autora reflexiona sobre a responsabilidade, o poder, a liberdade e o modelo de sociedade que queremos construír.

O alumnado de 1º de Bacharelato participou durante o mes de maio no club de lectura coordinado por Raquel Aira, arredor da novela Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026. Nesta obra, a autora revisa o mito artúrico desde unha perspectiva renovadora, afastándose da imaxe tradicional de Morgana como meiga malvada para presentala como unha muller de carne e óso, complexa, libre e dona da súa propia voz. Ao longo de varias sesións celebradas na biblioteca escolar durante o tempo de lecer, os nove participantes afondaron nesta reinterpretación a través de actividades moi dinámicas: lembraron os principais elementos da Materia de Bretaña mediante un remuíño de ideas, repasaron a trama cun xogo de preguntas elaborado por eles mesmos, identificaron os personaxes e as súas características mediante un xogo de adiviñas, puxeron a proba os seus coñecementos cun Kahoot sobre a novela e remataron elaborando un booktrailer inspirado nesta nova visión do mito. Unha experiencia de lectura compartida que permitiu descubrir como os clásicos poden ser revisitados para ofrecer novas lecturas sobre a identidade, a liberdade e o papel das mulleres na historia e na literatura.




Ningún comentario: