BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

mércores, 1 de febreiro de 2012

REUNIÓN COS PARTICIPANTES DO CONCURSO

Unha vez lidos os comentarios sobre a entrada dos premios do concurso de vídeos, temos que aclarar que o equipo da Biblioteca faise totalmente responsable de que a decisión final do xurado non cumpra por completo as bases.


Tomouse a decisión de non dar a coñecer ditas bases ós membros do xurado para ofrecer maior liberdade, dado que aspectos como a duración dos vídeos ou o número de integrantes por grupo non coincidía co estipulado inicialmente, feito que os concursantes aceptaron no seu momento.


Non foi a nosa intención que vos sentirades descontentos (estabades todos en igualdade de condicións) e por iso convocamos unha reunión no recreo de mañá xoves na aula de 1º BAC A para intentar solucionalo.


Ningún comentario: