BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

venres, 13 de xaneiro de 2012

FESTIVAL DE ANTROIDO 2011






Dende a biblioteca, un ano máis, estamos organizando o noso particular Antroido Cultural. Trátase dunha actividade na que, todo aquel membro da comunidade escolar que desexe, pode participar, en modalidade individual ou colectiva.
Os disfraces representarán persoaxes relacionados coa literatura, música, cine, historia e artes en xeral, e cada participante deberá dramatizar ou representar un fragmento alusivo ó personaxe elixido.Sortearanse agasallos entre os participantes.



O festival celebrarase o día 17 de febreiro no Salón de Actos de Centro.
Os participantes pódense inscribir na biblioteca ata o día 31 de xaneiro.

Na sección ACTIVIDADES tedes máis información.

Ningún comentario: