BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

xoves, 23 de abril de 2015

luns, 9 de marzo de 2015

8 de Marzo, Día Internaional da Muller

Para celebrar esta data, dende a biblioteca optamos por facer un panel con frases pensadas polo alumnado durante sesións de titoría organizadas polo Departamento de Orientación. A actividade consistiu levar ditas frases ao panel dun xeito participativo e activo, cada día da semana distintos alumnos encargábanse de escoller as frases para ese día, rotulalas e poñelas a modo de pancartas reivindicativas. Ademáis quixemos facer unha homenaxe ás mulleres escritoras que habitan na nosa biblioteca e cuias obras se puideron ver nos expositores que acompañaban ao panel.





xoves, 26 de febreiro de 2015

Festival de Entroido 2015

Un ano máis tivemos o festival de Entroido, unha festa ineludible no noso instituto xa que fomenta o traballo en equipo e o espírito participativo, a creatividade e as habilidades de cada quen. E por suposto é un día importante xa que reunimos ao alumnado de todo o centro no noso salón de actos nun ambiente lúdico e divertido. Aqui queda unha mostra dos disfraces e actuacións deste ano.

venres, 13 de febreiro de 2015

Xoves de Comadres

Despois do xoves de compadres chega o de comadres, pola mañá no instituto estaba a agardarnos esta simpática e inofensiva montaxe adicada á nube, o novo sitio de internet onde se gardan os modelos de documentos de funcionamento do centro, que se puxo en marcha ao longo do curso pasado e que substitúe á páxina web.
Como xa sabedes, calquera novidade é susceptible de converterse en tema de compadres e comadres e aquí tedes unha mostra delo.


venres, 6 de febreiro de 2015

Espantanieblas Teatro

Hoxe alumnado da ESO, de ciclos, de FPB e de Bacharelato puideron disfrutar no noso instituto da representación teatral "Leyendas" de Bécquer a cargo da Compañía Espantanieblas Teatro







Xoves de Compadres

Un ano máis, sumámonos á celebración tradicional  que precede o antroido na nosa localidade, e que consiste en realizar os "compadres":  bonecos masculinos feitos por mulleres que parodian eventos significativos do ano. Bromistas anónimas da nosa Comunidade Educativa, aproveitaron a ocasión para parodiar a chegada ao noso instituto da famosa Impresora 3D e da expectación que causou entre o noso profesorado. O próximo xoves será o xoves de Comadres... a ver con que nos sorprenden!



Día da PAZ


Para celebrar o día da Paz, dende o Departamento de Orientación traballouse con distintos grupos para facer carteis nos que aparecen letras de cancións relacionadas coa Paz. Destacamos a implicación do alumnado e agradecemos a Loli a súa colaboración.