BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

martes, 28 de febreiro de 2012

Esta é a curtametraxe que gañou o Oscar á mellor curta de animación: 'The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore', de William Hoyce y Brandon Oldenburg. Conmovedora historia sobre os libros e a lectura. Os personaxes non falan, pero din moito.

sábado, 18 de febreiro de 2012

ANTROIDO GALEGO PLÁSTICA 4º ESO

Estes son os fantásticos carteis sobre o Antroido galego que elaboraron os alumnos de plástica de 4º ESO con Anabel. Con eles queremos desexarvos un FELIZ ANTROIDO, esperamos que disfrutedes estes días tanto como no festival do venres, que quedou realmente espectacular. Á volta destas pequenas vacacións poderedes recordalo con fotos e vídeos. Moitas grazas a alumn@s e profes pola participación, as ganas, o esforzo e as risas...que non foron poucas.








xoves, 16 de febreiro de 2012

III FESTIVAL DE ANTROIDO




Mañá celebraremos no centro o Antroido, non olvidededes vir disfrazados, aínda que sexa como público, por se hai algunha sorpresa...Vémonos no salón de actos as 12:35, a diversión está asegurada. Vixiaranvos as máscaras que fixeron os alumnos de plástica de 4º ESO.

XOVES DE COMADRES



venres, 10 de febreiro de 2012

martes, 7 de febreiro de 2012

domingo, 5 de febreiro de 2012

SÍ QUE TE GUSTA LEER (pero igual no lo sabes)



Este é o lema que propón o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para que todos aqueles que teñades entre 14 e 18 anos participedes neste concurso. Desde a biblioteca animámosvos a intentalo.
MOITA SORTE!!
Pinchade no enlace para acceder á información: http://www.siquetegustaleer.org/