BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

domingo, 23 de outubro de 2011

OUTUBRO, MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES





Outubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar, declaración aprobada pola International Association of School Librarianship (IASL) en xaneiro de 2008, cando o comité executivo da IASL aprobou o cambio do Día internacional da Biblioteca Escolar (celebrado o cuarto luns de outubro) polo Mes Internacional da Biblioteca Escolar , o obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación.



James Henri,presidente da IASL, declarou que "o Día Inetrnacional da Biblioteca Escolar chegou a ser tan importante que medrou ata convertirse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Isto significa que os responsables das bibliotecas poden elixir o día, a semana e ata todo o mes, para fomentar a súa biblioteca escolar."

O lema elixido este ano é Bibliotecas escolares: capacitar aos alumnos para a vida.

Dende a nosa biblioteca desenrolaremos unha actividade consistente nun Mercadiño Literario de Intercambio de Libros. Dito mercadiño celebrarase o venres 28 de outubro, no vestíbulo do Centro.

venres, 10 de xuño de 2011

Festival de Antroido 2011(Antroido Cultural)

-Este ano celebramos o Antroido Cultural. Os participantes realizaron diferentes actividades relacionadas co seu disfraz: representación de contos tradicionais, musicais, dramatización de series televisivas.... Ó remate da repesentación, sorteáronse varios agasallos entre os participantes.

FESTIVAL DE ANTROIDO 2011(imaxes)













martes, 7 de xuño de 2011

venres, 3 de xuño de 2011

ANTROIDO CULTURAL (imaxes)




HOMENAXE A MARIO VARGAS LLOSA

Con motivo da entrega do Premio Nóbel de Literatura a Mario Vargas Llosa, o día anterior ás vacacións de Nadal realizámoslle a nosa particular homenaxe. Dita homenaxe consistiu nun acto ( no Salón de Actos) no que alumnado do Centro realizou unha exposición sobre a súa vida, obra, galardóns e adaptacións cinematográficas das súas obras. O acto rematou coa lectura de fragmentos dalgunhas das súas obras acompañadas dunha pequeña dramatización das mesmas. A continuación tivo lugar unha exposición , no vestíbulo do Centro, da obra do autor, e , para rematar, proxectouse na Salon de Actos, a película En el tiempo de las mariposas, que narra un episodio que aparece na súa obra La Fiesta del Chivo.