Este ano as Letras Galegas adicáronse a Manuel María Fernández Teixeiro, máis coñecido como Manuel María, foi un poeta destacado polo seu carácter combativo e o seu compromiso político. No noso instituto quixemos rendirlle homenaxe e conmemoramos esta data cunha serie de actos e actividades que pasamos a describir:
VISITA Á CASA DE MANUEL MARÍA
Con alumnado de ESO e Bacharelato en días distintos. Aproveitamos para visitar tamén o Castro de Viladonga.
PARTICIPACIÓN NO CORRELINGUA
Coma tódolos anos, participamos dende o noso Instituto na activiade do Correlingua con alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.
BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI
Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com
luns, 23 de maio de 2016
luns, 9 de maio de 2016
Charla-coloquio da artista Doa Ocampo
O pasado venres recibimos a visita de Doa, unha artista de Pantón que mostrou e explicou ao noso alumnado de 4º ESO e 1º Bac a súa obra, a través de dous proxectos: Abre os olhos e Reforestando na Ribeira Sacra.
Deixámosvos aquí imaxes da charla e da súa obra, para que coñezades a esta artista tan prolífica.
Ademáis o noso alumnado realizou imaxes inspiradas na obra de Doa. Aquí tedes unha mostra
luns, 2 de maio de 2016
Encontros PLAMBE
Os pasados 7 e 8 de abril celebráronse no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/16.
Nesta edición tivemos a ocasión de aprender das experiencias levadas a cabo polos equipos de biblioteca de distintos centros. Entre elas a do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, na que o coordinador é o noso antigo compañeiro Miguel Cumbraos. Asistimos a varias charlas máis, entre as que destacamos a que nos ofreceu o matemático e profesor Eduardo Sáenz de Cabezón.
Aproveitamos para difundir o concurso que o Colectivo Lemos Le, do cal formamos parte, organiza este ano dedicado á figura da oleira soberina Lola de Panelas.
Dia do Libro
Celebramos o Dia do Libro cunha proposta que foi ben acollida polo noso alumnado, elaborar portadas artísticas para o libro que eles escollaron. A participación foi elevada xa que se lles deixou tempo dende a materia de Educación Plástica.
Posteriormente un xurado formado polo alumnado do Club de Lectura, valorará as mellores portadas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)