BENVID@S Á BIBLIOTECA DO IES DAVIÑA REI

Benvid@s á Biblioteca do IES Daviña Rei.
Se queres coñecer as actividades que se están a realizar dende a Biblioteca, visita periodicamente o noso blog.
Contacta con nós no correo electrónico davibiblio@gmail.com

domingo, 19 de outubro de 2025

 MANGAMANÍA. OS MANGAS LÉVANTE Ó CINE!

Acabamos de renovar o abano de mangas na nosa biblio. Podes pasar pola "Sección manga" para botar unha ollada. Nós recomendámosche Diario de la boticaria 1, número 4 do ránking manguístico do 2024.

Propoñémosche un reto. Se o superas, podes ir ó cine de balde. Aí vai:

"Como se pode explicar que os bebés do Pazo Interior presenten signos de envelenamento se só se alimentan mamando leite materno ? Explícao e indica en que páxina do libro se pode atopar a solución"

As tres primeiras respostas correctas, teñen premio!!!

Deixa a túa resposta e os teus datos na caixa de correo da biblio





mércores, 10 de setembro de 2025

 TODO UN ÉXITO: HEARTSTOPPER de ALICE OSEMAN

Rapaz coñece a rapaz e nese momento tamén empeza unha relación de amizade que pronto se converte nalgo máis. Unha historia chea de complicacións, retos, novas sensacións, dúbidas, obstáculos que grazas ó amor son superados.

Baixo o formato de banda deseñada de fácil lectura, dous personaxes entrañables (Nick e Charlie), demóstrannos que o amor pode ser complicado pero, se se complementa coa sinceridade e a comprensión, fai que todo valla a pena.

O volume 1 foi o elixido para o Club de Lectura do alumnado de 1º da ESO e gustoulles moito.

ATRÉVETE A LER ALGUNHA DAS BANDAS DESEÑADAS DA SERIE. TES CINCO!!!!!!!