Con motivo da entrega do Premio Nóbel de Literatura a Mario Vargas Llosa, o día anterior ás vacacións de Nadal realizámoslle a nosa particular homenaxe. Dita homenaxe consistiu nun acto ( no Salón de Actos) no que alumnado do Centro realizou unha exposición sobre a súa vida, obra, galardóns e adaptacións cinematográficas das súas obras. O acto rematou coa lectura de fragmentos dalgunhas das súas obras acompañadas dunha pequeña dramatización das mesmas. A continuación tivo lugar unha exposición , no vestíbulo do Centro, da obra do autor, e , para rematar, proxectouse na Salon de Actos, a película
En el tiempo de las mariposas, que narra un episodio que aparece na súa obra La Fiesta del Chivo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario