Páginas

domingo, 23 de outubro de 2011

OUTUBRO, MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES





Outubro é o Mes Internacional da Biblioteca Escolar, declaración aprobada pola International Association of School Librarianship (IASL) en xaneiro de 2008, cando o comité executivo da IASL aprobou o cambio do Día internacional da Biblioteca Escolar (celebrado o cuarto luns de outubro) polo Mes Internacional da Biblioteca Escolar , o obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación.



James Henri,presidente da IASL, declarou que "o Día Inetrnacional da Biblioteca Escolar chegou a ser tan importante que medrou ata convertirse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Isto significa que os responsables das bibliotecas poden elixir o día, a semana e ata todo o mes, para fomentar a súa biblioteca escolar."

O lema elixido este ano é Bibliotecas escolares: capacitar aos alumnos para a vida.

Dende a nosa biblioteca desenrolaremos unha actividade consistente nun Mercadiño Literario de Intercambio de Libros. Dito mercadiño celebrarase o venres 28 de outubro, no vestíbulo do Centro.